Lourenzá contará este outono cun día lúdico dedicado ao cabalo
Aprobada a moción nacionalista presentada no Pleno ordinario para a creación do Primeiro concurso morfolóxico do cabalo de pura raza galega en Lourenzá e que poida realizarse en setembro ou outubro do presente ano.
Durante as últimas semanas dende o grupo nacionalista mantiveron conversas coa Asociación de Pura Raza Galega, Puraga, da que saíu a idea da creación de dito concurso así como a posta en valor do proxecto de Puraga da recuperación do cabalo marchador galego, cunha exhibición de andadura e unha carreira.
A corporación municipal votou a favor de forma unánime polo que Lourenzá contará este outono con un día lúdico dedicado ao cabalo.
Dende o BNG Laurentino "amosámonos contentos de que se vaian a realizar estes actos que servirán para poñer en valor a cultura e tradición galega, pero tamén para traer xente a nosa vila axudando así ó comercio e hostalería local".