Lourenzá celebra o Día das Letras Galegas cun recital poético

AMariñaXa
O Concello de Lourenzá celebra o día das letras galegas o 23 deste mes cun recital poético e un concerto da banda de música.
concerto letras galegas lourenza 1
4 May 2021

 O Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas o 23 deste mes, domingo, cun recital poético e un concerto da Banda de Música de Lourenzá.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o domingo 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas coa lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. O acto terá lugar as 13:30 horas no quiosco da música do Cantón. Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas”.

concerto letras galegas lourenza
0.16481900215149