Lourenzá celebra a IV Feira do cabalo

AMariñaXa
Dende a organización indican que todo gando que non se atope no recinto feiral ás 11.00 horas non poderá a aspirar premio algún
Imaxe dun cabalo
27 Oct 2024

Este domingo celebran a IV Feira do cabalo en Lourenzá a partir das 9.00 horas. Seguidamente terá lugar a medición dos cabalos e o comezo das probas limbres, así como o cocnurso morfofuncional potros dende as 11.00 horas. A gran final das probas da mañá será ás 13.30 xunto coa entrega dos premios especiais.

Ás 14.00 horas é a quenda da sesión vermú, que virá seguida da apertura de pista libre para quencemento dos cabalos. Pola tarde, dende as 16.00 horas, seguirán as probas libres e a gran final. Dende a organización indican que todo gando que non se atope no recinto feiral ás 11.00 horas non poderá a aspirar premio algún. Cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo e os animais participantes teñen que ter o seguro obrigatorio. As inscricións están abertas dende o 14 ata o 24 de outubro e poden facerse a través do 658 032 019.

Nos concursos os premios van dende os 100 euros e trofeo, para aquel que gañe a competición, ata medalla e pienso para o que quede en cuarto lugar. Haberá premios especiais nos que cada raza terá o seu curro correspondente. Deste xeito, entregarán o premio maior número de cabezas equinas, ⁠Mister / miss cabalo de tiro, ⁠Mister / miss PRA (Pura raza árabe), ⁠Mister / miss PRE (Pura raza español), Mister / miss Frison, Mister / miss PRG e Premio mellor cabalo engalanado o xeito tradicional galego.

 

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO NESTA LIGAZÓN

feira do cabalo lourenzá 2024
0.1707329750061