Lourenzá celebra a festa do Conde Santo con Luar na Lubre, Cinema e Nueva Fuerza
AMariñaXa
O primeiro día será a cea e os asistentes poderán gozar da actuación de Luar na Lubre
29 Aug 2024
Lourenzá celebra un ano máis a tradicional romaría de Conde Santo esta fin de semana. O progama no que concentran diversas actuacións, concertos e verbenas comeza este venres coa cea popular. Nesta xornada os asistentes poderán gozar da actuación do grupo Luar na Lubre. O sábado continúa a festa cunha sesión vermú que estará amenizada pola formaciónn Kalima 3.0, que tamén estará na sesión de noite acompañada de América.
O programa continúa o domingo de novo con sesión vermú non Nueva Fuerza, que tamén amenizará a verbena pola noite xunto coa orquestra Cinema. O lunes é a quenda do Dúo Epo-K, que será o encargado de facer gozar aos asistentes na sesión vermú e na verbena como broche de ouro ao programa deste ano.