Lourenzá acollerá en agosto a actuación solidaria de Uganda Sticks e Os Grandes Tambores de Ruanda

AMariñaXa
O espectáculo, a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará danza e percusión africana e incluirá viño, bebidas e petiscos.
concerto-uganda-stricks-lourenza
15 Jul 2026

O claustro do Seminario de Lourenzá será o escenario o vindeiro 13 de agosto, ás 20.30 horas, da actuación de Uganda Sticks e Os Grandes Tambores de Ruanda, un espectáculo solidario que ofrecerá unha proposta de danza e percusión africana. Será a única actuación prevista na comarca da Mariña e estará acompañada dunha festa africana con viño, bebidas e petiscos.

O evento ten un carácter benéfico, xa que a recadación destinarase á ONG Música para Salvar Vidas, un proxecto que traballa cun orfanato de Uganda para ofrecer apoio a nenos e nenas orfos a través da música e da danza, co obxectivo de favorecer o seu desenvolvemento e ofrecerlles oportunidades de futuro no seu propio país.

A actuación celebrarase no claustro do Seminario e, no caso de choiva, trasladarase ao Multiusos Ponte de Cuñas, no recinto feiral de Lourenzá.

As entradas teñen un prezo de 15 euros e poden adquirirse de forma anticipada en Cabaleiros Xardín, no Bar Aturuxo de Lourenzá, no Bar Rincón de Mondoñedo e tamén a través de internet.

0.11850500106812