Licitan a ampliación e mellora enerxética do colexio San Miguel de Reinante, en Barreiros

AMariñaXa
A actuación, cun investimento próximo aos 400.000 euros, executarase ao longo de 2026 dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica
BARREIROS-colexio-San-Miguel-de-Reinante
Árbore caída
2 Jan 2026

A Xunta de Galicia vén de sacar a licitación as obras de ampliación e mellora do Colexio San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, cun investimento que rolda os 400.000 euros. A intervención, promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, desenvolverase ao longo do ano 2026 e inscríbese no Plan de nova arquitectura pedagóxica impulsado polo Goberno galego.

Os traballos centraranse fundamentalmente nos edificios destinados a aulario, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións e incrementar o confort térmico e ambiental para o alumnado, o profesorado e o conxunto da comunidade educativa. Segundo as previsións, unha vez finalizadas as obras acadaranse aforros medios de arredor do 40% tanto no consumo enerxético como nas emisións contaminantes.

Para acadar estes resultados, o proxecto contempla a substitución da carpintería exterior por outra con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, así como a instalación dun sistema de illamento térmico tipo SATE na fachada e no porche cuberto. Ademais, renovarase a iluminación do centro coa colocación de luminarias LED nas zonas que aínda non dispoñen desta tecnoloxía, contribuíndo así a unha maior sustentabilidade e eficiencia das instalacións educativas.

⚙ Configurar cookies
0.084527969360352