Licitadas as obras das novas pistas multideporte ribadenses

AMariñaXa
O Concello acaba de licitar as obras de construción dunha pista multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza ribadense
ribadeo pista multideporte avenida de galicia pintor fierros
30 Dec 2021

O Concello acaba de licitar as obras de construción dunha pista multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros.

O investimento ascenderá a 460.000 euros e tívose que incrementar a previsión inicial en 50.000 euros porque quixeron acondicionar tamén a praza de entrada a este novo espazo. Así a actuación contempla a construción dunha pista multideporte para fútbol, para baloncesto, para voleibol duns 1000m2. Tamén contempla outra pista de skate con gradas de máis de 1.400m2, así como unha zona para a práctica da calistenia. Loxicamente contémplase zonas arboradas, de xardín, zonas de paseo, un moderno sistema de alumeado, etc para que esta zona de reunión sexa útil durante todo o ano. 

O rexedor dixo que “os técnicos estiveron traballando duramente nestes meses e gracias á Área de Deportes da Deputación de Lugo ábrese agora o proceso de licitación dunhas obras que imos acometer nunha superficie de máis de 7.000m2 nos terreos municipais da mazá interior entre a Avda. de Galiza e as Rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros. Estes terreos están así establecidos no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal para este tipo de finalidades”.

Estas obras terán un prazo de execución máximo de 8 meses e o prazo para as empresas que desexen presentarse a este procedemento aberto remata o vindeiro 19 de xaneiro. Toda a información está dispoñible na web municipal e na Plataforma de Contratos do Estado.

pista multideporte ribadeo 1
0.22053503990173