Komando Xoviético prepara a sétima Marcha Btt Xoviética

AMariñaXa
De novo, o club está a traballar para organizar un domingo de puro BTT polas paisaxes do municipio
marcha-xoviética Komando Xoviético
Nosphoto
31 Ago 2024

O Club Ciclista Komando Xoviético presenta as datas da VII Marcha Btt Xoviética. A cita, que conta coa colaboración do Concello de Xove xa está en proceso, aínda que polo momento non presentaron o programa completo da proba. Finalmente, celebrarase esta nova convocatoria o 20 de outubro con esperas dunha boa participación, pois no 2023 lograron reunir a 194 riders.

De novo, o club está a traballar para organizar un domingo de puro BTT polas paisaxes do municipio e irá desvelando os horarios. Trátase dunha marcha, non competitiva, para todos os públicos e amantes do ciclismo de montaña e apta para todos os niveis. A proba, que percorre uns 30 quilómetros de monte, xa está consolidada entre as probas non competitivas desta modalidade deportiva.

Aínda que en cada unha das edición o percorrido pode cambiar lixeiramente, a paisaxe desta vila é unha constante. Ademais de moitos participantes da comarca da Mariña, nos últimos anos conseguiron congregar ciclistas de distintos puntos da comunidade como A Coruña ou Lugo e tamén de idades moi diversas.

VII Marcha Btt Xoviética
0.21623182296753