Javier Castiñeira critica a actitude do alcalde de Foz con respecto á situación da residencia de maiores

Foz
AMariñaXa
Castiñeira asegura que “nos sentimos desilusionados porque o señor Cajoto o que quere é seguir enganando aos residentes e aos seus familiares"
residencia foz
21 sep 2024

O portavoz do PP de Foz, Javier Castiñeira, lamenta “a actitude do señor Cajoto. Non é que nos sorprenda o teatro infantiloide e a falta de respecto institucional que mostra sempre contra a administración que máis inviste en Foz e que fixo a residencia, a equipou e a cedeu ao Concello a petición da maioría de todos os focenses”.

Castiñeira asegura que “nos sentimos desilusionados porque o señor Cajoto o que quere é seguir enganando aos residentes e aos seus familiares. O gran problema que ten a residencia de Foz é o señor Cajoto, que foi o que estableceu estas taxas e que agora non quere axudarlle aos usuarios e familias a intentar reducir eses prezos de taxas abusivas que el mesmo implantou”.

Os populares pídenlle que “non engane á xente e moito máis respecto aos usuarios e familiares da residencia”. De feito, subliñan que “non o cren nin os seus propios socios porque neste asunto ten a todo o mundo en contra: usuarios, familiares, socios de goberno e ao Partido Popular”.

Con todo, destaca que "nós seguiremos loitando por un servizo público, que a residencia sexa accesible a tódolos veciños como se fixo no seu día, e que ningún veciño quede fóra polos prezos abusivos do señor Cajoto”, indicou o popular. O portavoz cre que “está claro que é un tema de interese social e de humanidade”; polo que “lamentamos que o señor Cajoto prefira o teatro que a humanidade e o respecto a tódolos usuarios que demandan solucións”.

0.18467593193054