Iria Rodríguez, bronce no campionato galego de atletismo
A mindoniense Iria Rodríguez Ares obtivo no Campionato Galego de Pontevedra o bronce nos 1.000 metros da categoría sub-14 feminina, un novo recoñecemento para as Escolas Deportivas Madeiras Barcia Lourenzá, á que pertence.
Iria alcanzou a súa mellor marca do ano na competición con 3:18.42. e quedou a 66 centésimas da medalla de prata que foi para Amparo Corredoira Coira, de Franciscanos Lugo. Máis lonxe estivo Candela Sánchez Touza, San Miguel de Marín, que detivo o cronómetro aos tres minutos, cinco segundos e 54 centésimas.
Tamén quedou moi preto das medallas Lida Balseiro Domínguez, cuarta clasificada na final A sub-12 dos 1.000 metros. Completaron a participación da escuadra laurentina Leandro Miguel Lopes Spencer, sétimo na final C dos 1.000 sub-12; e Henar Méndez Piñeiro, Lourdes García Arruñada e Marta Rivas Cabana, que ocuparon os postos do quinto ao sétimo na final B dos 2.000 sub-14.
Pola súa banda, Fer Vallines mellor marca persoal do ano con 14,97 e entra entre os mellores de España.