Invisten máis de 190.000 euros nunha para solucionar as inundacións do barrio da Xunqueira, en Viveiro

AMariñaXa
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investir máis de 190.000 euros nunha obra que solucione as inundacións do barrio viveirense da Xunqueira
Pilar-García-Porto
9 Aug 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investir máis de 190.000 euros nunha obra que solucione as inundacións do barrio viveirense da Xunqueira. Así o informou a voceira socialista, Pilar García Porto, quen avanzou tras a sesión semanal que o convenio de colaboración entre a institución provincial, o Concello e Augas de Galicia fará posible o proxecto para aumentar a capacidade hidráulica do río Fontecova nun tramo de algo menos de 300 metros.

“Este novo compromiso, que adquirimos co Concello de Viveiro, enmárcase na nosa política de máxima cooperación con todos os concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e maiores servizos ós seus veciños e veciñas”, argumentou García Porto. Engadiu tamén a Deputada que con esta colaboración “facemos posible que este concello mariñán poida afrontar o investimento que pide a Xunta de Galicia para acometer esta actuación tan necesaria. Unhas obras que terán un impacto enorme na vida da veciñanza e que evitarán traxedias como a que se viviu en novembro do 2018”.

Explicou a responsable provincial que entre as actuacións máis relevantes está prevista: a ampliación do leito do río, con novos muros de contención; a renovación e ampliación da ponte existente pouco máis arriba da estrada autonómica LU-540; a creación dunha obra de drenaxe pegada á ponte medieval Camiño da Fonte; a instalación dunha nova zona verde ao final da rúa na que se situará a fonte pública; e o traslado do actual lavadoiro, que se instalará máis abaixo do curso do río.

 

 

0.16336607933044