Invisten 315.000 euros para mellorar as vías de Ribadeo

AMariñaXa
O alcalde, Dani Vega, destacou a xestión e o traballo realizado e dixo que esa será a liña a seguir
-conselleira-Medio-Rural-e-alcalde-en-Remourelle
19 Out 2024

A Consellería do Medio Rural inviste en Ribadeo 315.000 euros. O alcalde, Dani Vega, destacou a xestión e o traballo realizado e dixo que esa será a liña a seguir. O rexedor contou que a visita da conselleira do Medio Rural serviu para facer "un balance da inversión que está realizando en todos os concellos en Galicia. Pero tamén concretou e explicou a gran colaboración que está tendo co noso concello. E desde logo é de agradecer esta atención e vamos seguir xestionando o orzamento que precisamos para actualizar, para modernizar as nosas infraestruturas, as nosas vías de comunicación”.

Dani Vega subliñou “eses 315.000 euros, que para nós é fundamental. Nestes momentos estamos actuando en Santalla, na estrada de Lourido. Tamén na estrada Pastoriza-Frieira Vella, en Ove, e actuamos en Remourelle en dúas vías de comunicación fundamentais que eran intransitables”. Aínda queda moito por facer. "Eu creo que todos temos
que entender que nun ano é imposible chegar a todos os puntos. Pero con moito esforzo, con capacidade de xestión e grazas tamén á colaboración, evidentemente, da Xunta estamos solicitando todas as subvencións posibles, a través do Plan Marco ou do Plan de Cooperación cos Concellos, co Plan de Camiños, que é unha nova subvención que a Xunta tivo neste 2024, e desde logo nos vamos a seguir aproveitando todas as vías de financiamento”.

Ademais, están xa programando outras colaboracións coa Xunta de Galicia para actuar canto máis rápido posible, "porque temos vías de comunicación que son intransitables". Polo tanto, esta visita acredita "ese traballo e esa responsabilidade
orzamentaria, é dicir ter a capacidade de xestión para utilizar os máximos recursos doutra administración e nós poder tamén destinar recursos para outros puntos nos que tamén temos dificultades. Vamos seguir nesta liña de traballo, nesta liña de cooperación coa Xunta de Galicia”.

 

0.18734002113342