Instaladas catro marquesiñas en Vilaselán e na Devesa

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo vén de instalar catro marquesiñas en Vilaselán e na Devesa. O investimento ascendeu a 11.500 euros,
ribadeo marquesina
ribadeo marquesina
9 dic 2022

O Concello vén de instalar catro marquesiñas en Vilaselán e na Devesa. O investimento ascendeu a 11.500 euros, segundo deu a coñecer esta mañá o edil de Medio Rural, Marcos Villamil.

O concelleiro ribadense explicou que “as colocamos nas paradas do bus escolar, atendendo ás demandas da veciñanza desas parroquias”

Villamil subliñou que “o que intentamos foi dar unha resposta rápida ás devanditas demandas porque entendemos que son cuestións importantes para que as nenas e os nenos conten cun lugar de resgardo para esperar polo autobús que os recolle para levalos aos seus centros de ensino”.

O edil de Medio Rural indicou que “as instalamos esta mesma semana, logo de que os operarios de obras do Concello fixesen as bases para a súa colocación”.