Inscritas 113 persoas para a II Marcha Interxeracional San Silvestre en Ribadeo

AMariñaXa
Partirá ás 12.00 horas do día 30 de decembro da rúa Dionisio Gamallo Fierros
II-Marcha-Interxeracionall-San-Silvestre-ribadeo
22 Dec 2024

Serán cento trece persoas as que participarán na II Marcha Interxeracional San Silvestre o o 30 de decembro en Ribadeo. Partirá ás 12.00 horas do mediodía da rúa Dionisio Gamallo Fierros e rematará na Praza de España. Está organizada polo CAPM A Concordia e polas Concellerías de Deportes, Mocidade e Benestar Social, que contan coa colaboración do ximnasio Origen, de Ribadeo.

Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, agradece a participación das asociacións e colectivos que confirmaron a súa presenza nesta cita: Apned, Asociación Guillem Veiga, Asociación Fraternidad, Fundación Edes, Fundación Apertas, Asociación Saúde Mental A Mariña e Fundación Eu Son.

O edil ribadense anima “a toda a cidadanía de Ribadeo que nos queira acompañar nesta proba pola accesibilidade e pola inclusión a que se acheguen o vindeiro 30 de decembro a apoiar a todas estas persoas que se inscribiron na II Marcha Interxeracional San Silvestre + Metros, + Posibilidades”.

 

0.165363073349