Inauguran en Ribadeo o Miradoiro do Cargadeiro

AMariñaXa

Ribadeo inaugura o Miradoiro do Cargadeiro.

miradoiro Cargadeiro
miradoiro Cargadeiro
15 abr 2024

Ribadeo inaugura o Miradoiro do Cargadeiro. Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o xefe do Servizo Provincial de Costas, José Miguel Estevan. “Doulle as grazas á subdelegada do Goberno por entender que hai que ter esta colaboración entre administracións, iso é o que da resultado. As polémicas nosoutros evitámolas en todos os sentidos”, asegurou Vega.

Trátase dun proxecto que “Costas coordinou perfectamente co Concello de Ribadeo, que combina espazo verde e natural con madeira, conxuga perfectamente o que é Galicia”. Alentou, ademais, a preservar este novo enclave: “Nós debemos ser agora os encargados de conservar, por iso cando se crean estes espazos debemos ser conscientes de que debemos coidalos, mimalos e tratalos ben”.

Exemplo de conservación

Ademais, o rexedor asegurou que están trazando outros espazos semellantes. “Non nos imos quedar neste miradoiro simplemente, senón que xa estamos trazando algún máis par ir coidando e mimando eses espazos abandonados, que non son o reflexo dun punto turístico, senón que son puntos que están degradados e nós debemos investir, goberne quen goberne”.

O Miradoiro do Cargadeiro supón “un exemplo de conservación de todo este espazo natural, que é un pulmón fundamental para Ribadeo”. Esta actuación súmase a próxima ampliación do paseo entre o Muíño das Aceas e a Ponte da Viña cun quilómetro e medio máis que se sumará ao xa existente.