Hugo Iglesias gañou o Volante da Deputación na Pastoriza

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O lucense Hugo Iglesias foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se puxo en xogo unha praza para competir na vindeiro Rally San Froilán.
volante deputacion ganadores
18 sep 2023

O lucense Hugo Iglesias foi o vencedor do premio Volante Deputación, que se disputou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza e no que se puxo en xogo unha praza para competir na vindeiro Rally San Froilán.

O lucense, que recibiu o premio da man do deputado Daniel García, foi o máis rápido na proba final (1.56.803), por diante de José Rodríguez (1.59.816), Adrián Fernández (2.02.273), que completaron o podio tras dúas xornadas de intensa actividade no circuíto pastoricense. Bruno Martínez foi o cuarto finalista.

As persoas participantes na proba, organizada por PTC Escuela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recibiron formación en condución deportiva e tiveron a oportunidade de iniciarse na competición automobilística coas probas cronometradas que se realizaron durante a fin de semana.

O gañador poderá seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos próximos días, nos que recibirá formación específica para competir de forma gratuíta no Rally San Froilán, aos mandos dun Toyota Yaris.

0.20854210853577