Hoxe comeza a V edición do Rallye Mariña Lucense, con treitos en Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo

TerraChaXa | AMariñaXa
A V edición do Rallye Mariña Lucense, celebrarase  este ano os vindeiros 12 ,13 e 14 de maio . Sendo así a terceira proba do Campionato Galego
presentacion RALLYE DA MARIÑA 2023
12 Maio 2023

Presentouse no Vicedo a quinta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará hoxe venres e o sábado en treitos dos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, na que participarán 86 equipos, entre eles 13 equipos da Mariña e os grandes favoritos para o Campionato Galego de Rally de Asfalto como Víctor Senra e Alberto Meira, ou Luis Vilariño, Javier Ramos, Alberto Nimo ou Pablo Rey.

No acto, que se celebrou no porto do Vicedo, participaron tamén representantes dos concellos polos que pasa a proba e algúns dos pilotos locais, así como o presidente da escudería organizadora da proba MixRallySports, Ignacio Dávila, e a directora técnica da carreira, Maite Vilanova.

O Rally da Mariña Lucense, a terceira proba do Campionato Galego de Rally, disputarase en cinco treitos: o de Cervo, de 8,50 quilómetros, con saída diante da fábrica de Sargadelos e chegada no Castelo; o de Xove, de 10,47 quilómetros, con saída diante da Casa do Concello e meta no Monte Golán; o do Vicedo, de 11,10 quilómetros, que comeza na avenida Deputación e remata no Folgueiro; o de Muras, de 9,90 quilómetros, con saída no centro de Muras e chegada na Armada; e o de Ourol, de 11,68 quilómetros, entre a igrexa de Xerdiz e As Ucheiras.

Viveiro exercerá un ano máis de base deste rallye. O parque de traballo estará situado na avenida Ramón Canosa, en Celeiro, nos viais ao redor da piscina e do parque de bombeiros coa chegada dos primeiros coches na xornada do venres. Pola súa banda, as verificacións técnicas e os reagrupamentos realizaranse no aparcadoiro Grallal na praia de Covas.

A ceremonia de saída será o venres ás 20.00 horas en Viveiro, que acollerá os parques de asistencia (Celeiro) e reagrupamento (Covas). A continuación disputaranse as primeiras pasadas dos treitos de Cervo e Xove. A competición completarase o sábado.

V Rally da marina 2023
0.17299103736877