Hostaleiros de Barreiros publican un folleto turístico

AMariñaXa
A Asociación de Hostelería de Barreiros editou un folleto turístico en papel e en formato dixital, para promover os atractivos turísticos.
folleto turistico barreiros portada
3 Abr 2021

A Asociación de Hostalaría de Barreiros vén de editar un folleto turístico en formato papel e en formato dixital para promover os atractivos turísticos do municipio e do entorno.

Trátase dunha publicación de catro corpos, plegable, que presenta Barreiros como destino turístico -dentro do xeodestino A Mariña Lucense- comunicando os valores que o diferencian, como a súa historia, a súa costa paradisíaca ou un interior rico e diverso atravesado polo Camiño de Santiago do Norte e con espazos tan emblemáticos dentro da Mariña, como son a Fervenza do Santo Estevo do Ermo, o círculo lítico A Roda ou o monte Comado.

O ano pasado, a asociación elaborou tamén un cartel en cartón pluma que permitía acceder -a través de códigos QR- ás webs dos establecementos asociados e a outros elementos de interese como as páxinas de reservas da Praia de As Catedrais e do Fuciño do Porco, a web oficial de A Mariña Lucense Turismo ou a sección de turismo do Concello de Barreiros.

Estas accións pretenden aportar valor ós visitantes do municipio, mellorar a sua experiencia de viaxe e colaborar na promoción de Barreiros, dando a coñecer ademáis , os servizos de hostelería que aglutina a agrupación.

folleto turistico barreiros
0.22875094413757