Helena Celada de Foz, quinta no Campionato galego de atletismo

Foz
AMariñaXa
A atleta do club de atletismo Ría de Foz Helena Celada vén de acadar un 5° posto na proba dos 300ml do Campionato de Galicia Sub-16.
Helena celada atletismo foz
17 Mar 2021

A atleta do club de atletismo Ría de Foz Helena Celada vén de acadar un 5° posto na proba dos 300ml do Campionato de Galicia Sub-16 en pista cuberta.

Pola mañá, bateu a súa mellor marca nesta distancia (45'72") para meterse na final. Xa pola tarde, na final, foi a gañadora da súa serie para acadar un quinto posto que sabe a podio.

Pola súa banda Simón participou nos 3000ml. Foi segundo da súa serie, cunha gran carreira e un prodixioso último quilómetro, que lle valeron ser o oitavo máis rápido da final e obter a súa mellor marca nesta distancia: 8:44.32

Rosalía fixo parte dos 400ml e 800ml. Nos 400ml rematou cuarta a súa serie e décima no cómputo xeral da final. Por outra banda, na final 800ml, Rosalía acadou o terceiro posto da súa serie e rematou novena da xeral. Ademais, bateu a súa mellor marca persoal detendo o crono en: 2:28.29.

0.22330594062805