Gran éxito de público e participantes na I Mini BTT de Muras

TerraChaXa | AMariñaXa
Gran éxito de público na primeira edición da Mini BTT que se celebrou en Muras organizada polo Club Ciclista Viveiro.
mini btt muras9
14 sep 2022

Gran éxito de público na primeira edición da Mini BTT que se celebrou en Muras organizada polo Club Ciclista Viveiro, que contou con arredor de 200 participantes nas distintas categorías.

Os pequenos, que dispuxeron de moi bo tempo, fixeron o seu percorrido e disputaron o mellos que se puido acompañados do seus pais.

Os gañadores recibiron trofeos feitos polo colectivo viveirense de Aspanane, cada un deles leva un largo proceso de produccion e son froito do esforzo e traballo dun gran equipo.

O éxito da sesión convenceu aos participantes, organizadores e Concello de celebrar o ano que vén unha nova sesión.

Muras, ademais, contou cunha gran afluencia de xente na área de autocaravanas da Veiga,  moitos deles familias dos participantes, que se quedaron a pasar a fin de semana aproveitando o bo tempo.

0.085232973098755