Galdo, en Viveiro, contará con 27 novas suxeicións para os colectores de lixo
AMariñaXa
"Escolleuse Galdo por ser a parroquia que menos suxeicións deste tipo ten”, explica a tenente de alcaldesa
27 Jul 2024
A parroquia de Galdo, no Concello de Viveiro, contará con 27 novas suxeicións para os colectores de lixo, grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental. “Escolleuse Galdo por ser a parroquia que menos suxeicións deste tipo ten”, explica Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente do Concello de Viveiro.
Con estas novas suxeicións, “contribuiremos a mellorar o servizo e a separación de fraccións no rural á hora de reciclar”, engade. Ademais, estas suxeicións mellorarán a estética das localizacións e evitarán o desprazamento dos contedores en días de vento.