Galdo, en Viveiro, celebrará o San Miguel con tres días de festa

AMariñaXa
O evento incluirá actividades gastronómicas e música en vivo, que animarán a veciños e visitantes
festas-fogos-artificio-patronais
24 sep 2024

A parroquia de Galdo, en Viveiro, celebrará as súas tradicionais festas na honra a San Miguel durante os días 27, 28 e 29 de setembro. O evento incluirá actividades gastronómicas e música en vivo, que animarán a veciños e visitantes durante toda a fin de semana.

O venres 27, ás 21.30 horas, dará comezo a festa cunha degustación gratuíta de carne de porco á brasa. A continuación, haberá unha verbena a cargo do grupo Zona Zero e Juanjo DJ. O sábado 28, a celebración continuará coa sesión vermú, que comezará ás 14.00 horas coa actuación da orquestra Costa Dorada. Pola noite, a mesma formación xunto coa disco móbil Conxuro animarán a verbena.

O domingo 29 será o día grande, co inicio ás 13.30 horas da misa solemne en honor a San Miguel, seguida da tradicional procesión. Despois, a orquestra Salsarena ofrecerá unha sesión vermú. Pola noite, a festa pechará cunha verbena animada pola orquestra Salsarena e Jorge Menéndez. As festas en honor a San Miguel de Galdo contan con gran participación e ofrecen unha ampla variedade de entretemento para todas as idades, mesturando tradición, música e boa comida.

0.28500890731812