Fran Rodríguez volve proclamarse campión de España despois de gañar o XXXII Campionato de España de Loita de Brazos
AMariñaXa
É a terceira vez que o ourolense consegue o ouro

10 Jun 2024
Francisco Rodríguez quedou campión do XXXII Campionato de España de Loita de Brazos na categoría Senior de 75 kg dereita e presumiu do seu Concello, o de Ourol.
Este ourolense consegue así proclamarse campión de España por terceira vez, xa que o ano pasado tamén acadara este posto no torneo de loita de brazos celebrado en Mallorca e fíxoo hai catro anos tamén.
Pola súa parte, Fran Rodríguez ten a intención de seguir medrando, seguir competindo e seguir conseguindo éxitos.