Foz e Cervo únense á XVI Limpeza Simultánea 'Móllate polos ríos' este domingo 24

Foz
AMariñaXa
A XVI Limpeza Simultánea Móllate polos ríos celebrarase este ano en mais de 50 concellos de toda Galicia, e participarán máis de 65 entidades como son asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino, etc.
mollate polos rios 2023
mollate polos rios 2023
20 sep 2023

A XVI Limpeza Simultánea Móllate polos ríos celebrarase este ano en mais de 50 concellos de toda Galicia, e participarán máis de 65 entidades como son asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino, etc.

O Concello de Foz sumouse a esta iniciativa dende 2021 e neste ano 2023 a limpeza será o 24 de setembro e mobilizará a numerosas persoas voluntarias que se desprazarán aos ríos destes concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Foz realizará a coordinación da limpeza a Concellería de Medio Ambiente e persoas voluntarias do Proxecto Ríos. O lugar, o río Alemparte en Cangas o día 24 de setembro a partir das 11.00 horas. Para participar será necesario inscribirse no enderezo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es.

En Cervo realizará a coordinación da limpeza a Asociación Fervenza de Sargadelos. O encontro para a limpeza dun treito do río Xunco será o sábado 24 ás 10.30 horas na praza do Souto. Os voluntarios recibirán de agasallo unha camisola co lema da limpeza. Para participar é preciso inscribirse antes do venres 22 enviando un correo a fervenzadesargadelos@gmail.com

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Cada persoa voluntaria será agasallada cunha camisola e deberá levar as súas propias luvas, preferiblemente de tipo fregar para evitar residuos das de látex e calzado axeitado. A organización facilitará o resto do material para a recollida.

A actividade conta tamén cun seguro de accidentes po lo que é necesario anotar previamente as persoas participantes maiores de idade. As menores deberán obrigatoriamente estar acompañadas en todo momento dunha persoa adulta.

0.075601100921631