Foz prepárase para unha nova edición da Festa dos Pepes

Foz
AMariñaXa
O evento, que reúne Josés, Josefas, Pepes e Pepitas, celebrarase o 22 de marzo no restaurante As Brasas
foz-vista-ria
17 Feb 2025

O sábado 22 de marzo, Foz acollerá unha nova edición da tradicional Festa dos Pepes, un evento creado por iniciativa de José Ramón Vila que reúne a persoas que comparten este nome. A celebración trasládase cada ano a un establecemento hostaleiro diferente da vila, e conta coa participación de numerosos Josés, Josefas, Pepes e Pepitas de Foz, así como doutros puntos da Mariña.

Nesta ocasión, a festa terá como punto de encontro o restaurante As Brasas, aínda que previamente os asistentes realizarán unha pequena ruta polos bares da localidade. O prezo por persoa é de 40 euros e para participar é necesario inscribirse con antelación nos teléfonos 628 429 737 ou 609 983 695.

⚙ Configurar cookies
0.12864899635315