Foz estrea un novo pantalán para piraguas e kayaks

Foz
AMariñaXa
O Partido Popular de Foz móstrase satisfeito pola instalación, por parte da Xunta de Galicia, fronte ao Club Kayak de Foz
pantalan-piraguismo-foz
23 Ago 2024

O Partido Popular de Foz móstrase satisfeito pola instalación, por parte da Xunta de Galicia, dun novo pantalán para piraguas e kayaks enfronte ás instalacións do Club Kayak de Foz que substitúe e mellora ao que había o cal estaba deteriorado e presentaba dificultades técnicas para a entrada deste tipo de embarcacións. Estanse a executar os traballos para a súa colocación e, probablemente, nos vindeiros días esta infraestrutura xa poda estar activa para todos os usuarios e, especialmente, para as travesías que organiza o clube de kayak e para os adestramentos dos seus membros.

“Esta xestión foi feita polo PP de Foz e agradecemos a Portos de Galicia a súa axilidade para que este novo equipamento sexa unha realidade e o cal presenta un sistema moito máis adaptado e seguro para este tipo de embarcacións” sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira. Esta nova infraestrutura era unha demanda do Club Kayak de Foz, unha entidade que merece todo o recoñecemento e apoio polo magnífico traballo que realizan na organización de eventos deportivos e na formación de piragüistas e, ademais, segundo os populares, “o kayak é un referente no deporte focense e é bo para todos que se vaian mellorando os equipamentos”.

0.18328595161438