Foz endozará San Valentín con doces e cócteles afrodisíacos

En Foz haberá doces e cóctel afrodisíacos para celebrar San Valentín do 10 ao 16 de febreiro dentro da campaña de Acia Foz CCA para estas datas. A tradicional cita foi presentada polos responsables de dous dos establecementos participantes Xoyma e Anduriña, acompañados do presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e da concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 10 ao 16 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de San Valentín. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.