Foz enche as noites de verán con deporte e diversión para a mocidade

Foz
AMariñaXa
O Concello organiza unha completa programación nocturna con fútbol sala, wipe out, fútbol praia, baloncesto 3x3 e laser tag para maiores de 10 anos
As-noites-de-foz-2025
5 Jul 2025

O verán focego traerá este ano unha nova edición de As Noites, unha iniciativa do Concello de Foz que transforma o Campo da Cabana, na praia da Rapadoira, nun espazo para o deporte, o lecer e a convivencia xuvenil. A programación, pensada para rapaces e rapazas a partir dos 10 anos, desenvolverase entre xullo e agosto e inclúe actividades tan variadas como fútbol sala, wipe out, fútbol praia, baloncesto 3x3 e partidas de laser tag.

As xornadas darán comezo ás 22.00 horas e requiren inscrición previa, que poderá formalizarse ata o día anterior a cada torneo. Toda a información está dispoñible na web do Concello (www.concellodefoz.gal).

A proposta comeza os días 7, 9 e 10 de xullo con fútbol sala, seguido do laser tag, que terá lugar o 28 e 29 de xullo. Xa en agosto, do 4 ao 7 será a quenda do wipe out, unha proba de obstáculos que promete emoción e risas a partes iguais. O fútbol praia celebrarase os días 18, 20 e 21 de agosto, mentres que o mes pecharase con baloncesto 3x3 nas datas do 25, 27 e 28.

Desde o Concello destacan que esta programación busca ofrecer alternativas de lecer saudable á mocidade durante as noites estivais, fomentando o deporte, o compañeirismo e a participación. “Queremos que a rapazada teña un espazo propio onde se divirta e se relacione en positivo”, sinalan desde a organización.

⚙ Configurar cookies
0.16472101211548