Foz e Burela volverán ser o epicentro da carreira de atletismo 15k Banco Mediolanum
Foz e Burela volverán ser o epicentro no 11 de xuño da carreira de atletismo 15k Banco Mediolanum, e que se disputará entre ambos municipios veciños.
A saída darase o domingo 11 ás 11.00 desde a praia de Llas, onde a organización instalará unha carpa para o previo da carreira e a chegada no concello de Burela. A saída da proba de 5k será ás 11.15 minutos.
A organización poñerá ao servizo dos participantes varias liñas de autobuses desde Burela a Foz para acceder á saída antes e despois do inicio da proba con saída desde o Porto de Burela.
O primeiro autobús cara á saída antes da proba sairá desde o porto de Burela, na oficina de información turística ás 9.00 da mañá e o último farao ás 10.00 da mañá. O primeiro autobús despois da carreira sairá (do mesmo lugar) ás 13.00 e o segundo e último autobús ás 13.30 horas. Recoméndase aos participantes acudan o máis pronto posible a coller o autobús, co fin de evitar posibles aglomeracións de última hora.
Para máis información será necesario consultar o reglamento na súa web.