Foz celebrou o Día de Mondoñedo

Foz
AMariñaXa
Os actos comezaron no Isla Nova Hotel con pregóns a cargo de Luis Joaquín Salaverri Cabanela
dia-de-mondoñedo-foz
17 Ago 2024

Foz celebrou o Día de Mondoñedo con varias actividades que se desenvolveron no barrio de Isla Nova para festexar os grandes lazos existentes entre ambas localidades desde hai moito tempo. Os actos comezaron no Isla Nova Hotel con pregóns a cargo de Luis Joaquín Salaverri Cabanela, mestre industrial de Mondoñedo que falou dos lazos da súa familia con Foz desde que era neno, e de Ramón Ermida Meilán, investigador focego que centrou a súa intervención na figura de Pardo de Cela, personaxe compartido polas dúas poboacións.

Da presentación encargouse José María García Rivera, ex alcalde de Foz, xerente de Isla Nova Hotel e promotor desta iniciativa xunto a Xesús do Breogán. Tamén houbo actuacións musicais, a cargo do grupo de gaitas de O Feitizo e do grupo Son´s Varadero, que organiza este evento, coa colaboración dos Concellos de Foz e de Mondoñedo.

As actividades do Día de Mondoñedo en Foz contaron coa presenza dos alcaldes de ambas localidades, Manuel Otero e Fran Cajoto; do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios; e do xuíz de paz focego, Javier Acebo.

0.093968868255615