Foz celebrará unha comida-baile benéfica a prol da loita contra o cancro

Foz
AMariñaXa
A cita terá lugar ás 14.00 horas e o prezo da entrada será de 40 euros, con parte da recadación destinada a doazón
comida-baile-contra-cancro-foz-2026
5 Oct 2026

Foz acollerá o próximo 24 de outubro unha comida-baile benéfica destinada a colaborar coa loita contra o cancro. A iniciativa celebrarase no Hotel Leyton, a partir das 14.00 horas, e combinará o xantar cunha tarde de música e baile.

O prezo da entrada é de 40 euros, dos que 15 euros están destinados á doazón, segundo figura no cartel da convocatoria. A actividade inclúe tamén un sorteo de agasallos entre as persoas participantes.

As entradas poden adquirirse directamente no Hotel Leyton ou reservase a través do teléfono 646 545 388. O prazo para realizar as reservas permanecerá aberto ata o 22 de outubro.

A convocatoria conta coa colaboración de numerosos establecementos e negocios locais de Foz, que se suman á organización desta actividade solidaria. A proposta pretende así reunir a veciñanza arredor dunha xornada de convivencia e, ao mesmo tempo, contribuír economicamente á loita contra o cancro.

0.15277409553528