Foz celebra Santa Cilla cunha comida popular, música e baile os días 21 e 22 de novembro

Foz
AMariñaXa
A programación inclúe unha comida popular o sábado, con callos e costela asada, seguida dunha verbena co Trío Sueños e DJ Cosme, mentres que o domingo haberá misa, procesión e sesión vermú
santa-cilla-foz-2026-festas-patronais
14 Nov 2026

A parroquia de Santa Cilla, en Foz, celebrará as súas festas patronais os días 21 e 22 de novembro cunha programación que combinará gastronomía, música e tradición. A Comisión de Festas preparou dúas xornadas de actividades nas que non faltarán a comida popular, as actuacións musicais e os actos relixiosos.

A celebración comezará o sábado 21 cunha sesión vermú amenizada polo Trío Sueños. A partir das 15.00 horas terá lugar unha comida popular cun menú composto por callos, costela asada, pan, viño, auga, sobremesa, café e chupito. O prezo será de 25 euros por persoa, mentres que os nenos e nenas de ata 12 anos pagarán 12 euros.

As reservas poderán realizarse ata o xoves 19 de novembro nos teléfonos 670 509 169, de Pepe, e 622 410 490, de Pacucho.

A actividade continuará a partir das 18.30 horas cun baile no que volverá actuar o Trío Sueños, acompañado nesta ocasión por DJ Cosme, nunha proposta musical que se prolongará durante a noite.

O domingo 22 estará dedicado aos actos relixiosos e á música. A partir das 13.00 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e dunha sesión vermú que correrá a cargo do Dúo Son do Val.

A organización anuncia que o recinto estará cuberto cunha carpa e contará con calefacción para ofrecer maior comodidade aos asistentes durante as dúas xornadas.

As festas están organizadas pola Comisión de Festas de Santa Cilla, coa colaboración do Concello de Foz.

0.13425993919373