Foz celebra este sábado unha nova edición do Día da Bici con percorrido para todas as idades

Foz
AMariñaXa
A marcha ciclista partirá ás 19:00 horas do Paseo da Ribeira e incluirá avituallamento e sorteo de agasallos
dia-bici-foz-2016
1 Aug 2025

O Concello de Foz prepárase para acoller este sábado, 2 de agosto, unha nova edición do Día da Bici, unha actividade lúdico-deportiva pensada para a participación de persoas de todas as idades. A cita está promovida polo Club de Atletismo Ría de Foz e a Run Foz Run, coa colaboración do Club Ciclista Foz e coorganizada polo propio Concello.

Segundo informou a organización, trátase dun paseo en bicicleta sen carácter competitivo, cun percorrido accesible e seguro. A saída terá lugar ás 19:00 horas desde o Paseo da Ribeira, fronte ao Cenima, e chegará ata a praia de Peizás, punto onde se dará a volta para regresar ao punto de partida.

Unha vez rematada a marcha, está previsto ofrecer un pequeno avituallamento para as persoas participantes, así como un sorteo de agasallos. A inscrición será gratuíta e poderá realizarse o mesmo día da actividade, a partir das 17:00 horas no propio lugar de saída.

Desde a organización animan a veciñanza e visitantes a participar nun evento que pretende fomentar o uso da bicicleta e o deporte ao aire libre, así como promover un estilo de vida saudable e respectuoso co medio ambiente.

dia bici foz 2023 cartel oficial
⚙ Configurar cookies
0.23465394973755