Foz aposta por unha proposta variada de eventos culturais

Foz
AMariñaXa
Esta fin de semana haberá teatro e a elección da raíña ou rei do Entroido
ines-lopez-couto-FOZ-concelleira-cultura
8 Nov 2024

Esta fin de semana o Concello de Foz está cargado de actividade, con teatro e a elección da raíña ou rei do Entroido. A Sala Bahía sigue sendo un centro cultural que aglutina todo tipo de eventos.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “chegará a compañía Contraproduccións coa obra Apaga o candil, unha comedia de tradición galega, humor e retranca. Avelino González e Toni Salgado protagonizan esta produción. Será ás 20.30 horas”. E o sábado 9, sinala, o protagonismo será para o Entroido e a elección do seu reinado para a edición de 2025. Os tres candidatos explicarán porque queren ocupar este posto son Coral Rey Oliveros, Ainhoa Rey Vizoso e Derek Pérez González.

A partir das 19:30 horas abriranse as portas para todo aquel que queira participar desta elección e á vez colaborar cos afectados da DINA en Valencia. A gala será presentada polo mago Rafa que ademais deleitará co seu espectáculo de maxia para todos os públicos.

“Agardamos que se achegue a xente a Foz esta fin de semana, xa que ten unha variada proposta de eventos. Ademais do teatro e a elección, na parroquia de San Martiño festexan ao seu patrón, polo que a música e a festa están asegurados”, finaliza Inés López Couto.

0.1176118850708