Foz acolleu a festa da campaña 'Regala en Nadal, Merca en Local'

Foz
AMariñaXa
A Praza Conde Fontao acolleu actividades de animación, actuacións infantís, música, chocolatada e sorteos en directo de tres tarxetas prepago
Festa-Foz-campaña-comercio
19 Dec 2024

Foz acolleu a festa da campaña 'Regala en Nadal, Merca en Local', na que participou o deputado de Recursos Sostibles e alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío.

A iniciativa, impulsada de forma conxunta pola institución provincial e a Federación Galega de Comercio, busca fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano.

A Praza Conde Fontao acolleu actividades de animación, actuacións infantís, música, chocolatada e sorteos en directo de tres tarxetas prepago: unha de 500 euros, outra de 1.000 euros e unha última de 3.000 euros.

0.16897392272949