Foz acollerá a seguinte proba da CopaTT 4 Estacións que será en formato Enduro

Foz
AMariñaXa
Foz acollerá a seguinte proba da CopaTT 4 Estacións e que será os días 17 e 18 de xuño. Nesta ocasión, o formato de carreira será de Enduro,
Enduro Foz 2023
29 Maio 2023

Foz acollerá a seguinte proba da CopaTT 4 Estacións e que será os días 17 e 18 de xuño. Nesta ocasión, o formato de carreira será de Enduro, con cronos e controis horarios, aínda que respectarán a volta de recoñecemento ao Rally, pudiendose recoñecer as cronos unicamente a pé.

As inscricións xa están abertas e como sempre agasallarán aos máis rápidos en inscribirse con desconto.

Os rexistrados na carreira de Cabezarrrubias del Puerto, que foi cancelada, en caso de non poder acudir á proba de Foz, xa poden reclamar a devolución da súa inscrición a través de info@copatt4estacións.com

O venres 16 de xuño de 17.00 a 20.00 será a apertura da oficina de carreira, recollida de dorsais e recepción de inscricións para pilotos con licenza federativa válida.

O sábado 17ás 8.00 horas farase a apertura da oficina de carreira e a recollida de dorsais para dar paso ás 10.00 horas da volta de recoñecemento, non podéndose tomar a saída despois das 12 horas.

Xa a media mañá será o Special Test Husqvarna, tramo cronometrado, e ás 16.00 horas a apertura do parque pechado no que é obrigatoria a entrada da motocicleta, xa que se colocarán as motos no lugar da saída do día seguinte.

Na xornada do domingo 18 a saída será ás 9.00 horas e pola tarde ás 15.00 horas a entrega de premios.

Enduro Foz 2023
0.21476793289185