Foz acolle diferentes cursos de natación para este verán
AMariñaXa
O Concello de Foz acolle diferentes cursos de natación para este verán e que serán en quendas segundo o tempo de ocio de cada participante.
22 Xuño 2022
O Concello de Foz acolle diferentes cursos de natación para este verán e que serán en quendas segundo o tempo de ocio de cada participante.
A primeira quenda deste curso intensivo será do 4 ao 15 de xullo, a segundo do 18 ao 29 de xullo, a terceira do 1 ao 5 e do 16 ao 19 de agosto, e a última do 22 de agosto ao 2 de setembro.
Haberá cursos de familiarización, iniciación e perfeccionamento e as inscricións xa están abertas e deberán facerse chamando ao número de teléfono 982 132 831 ou mandando un email a cdmfoz@hebesport.es.