Foz abre as prescricións do seu programa de verán con deporte e inchables para os cativos
AMariñaXa
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, da conta da nova edición de Aberto x Vacacións.
12 May 2024
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, da conta da nova edición de Aberto x Vacacións. O verán en Foz é sinónimo de diversión, e os nenos e nenas pásano en grande nas mañás de xullo e agosto, con deporte, inchables, desenvolvemento de habilidades psicomotoras, píldoras formativas e moito máis.
Está dirixido a nenos e nenas nados/as entre os anos 2012 e 2020, de luns a venres. Con horario de 10.30 horas a 13.30 horas. Por segundo ano consecutivo inclúen tamén o Plan Érguete, para as que madrugan, con inicio ás 9 horas. Haberá tamén actividades no CEIP O Cantel, na praia ou pequenas rutas. A prescrición está aberta ata o 23 de maio, a través do formulario dispoñible na web concellodefoz.gal