Finalizan as ligas de bolos en Xove cunha gran participación

Este sábado 15 de marzo puxéronse fin ás competicións de bolos en Xove, tras meses de intensas partidas disputadas desde outubro nas distintas boleras do municipio. A XXXVI Liga Sénior Masculina, a XVI Liga Feminina e a XXV Liga Sub-16 coronaron os seus campións nunha xornada festiva para este deporte tradicional.
Na categoría senior masculina, o gañador foi Arturo; na categoría senior feminina, o triunfo foi para Carmen, que tamén se impuxo na categoría de veteranos, e na categoría Sub-16, o campión foi Jordi.
O acto de entrega de trofeos contou coa presenza do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, quen destacaron o alto nivel da competición e o compromiso dos participantes na preservación e promoción desta disciplina.