Extinguido un incendio forestal de 25 hetáreas no Vicedo

AMariñaXa
A Consellería do Medio Rural informou de que o lume forestal rexistrado no concello do Vicedo, parroquia de San Román de Vale, xa está extinguido.
6 Mar 2019

A Consellería do Medio Rural informou de que o lume forestal rexistrado no concello do Vicedo, parroquia de San Román de Vale, xa está extinguido.
O incendio iniciouse ao mediodía de onte e quedou extinguido ás 20,45 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 25 hectáreas de monte arborado. Na extinción deste incendio traballaron 1 técnico, 1 axente, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

0.12745094299316