Extinguido o incendio forestal de Barreiros tras calcinar máis de 15 hectáreas
AMariñaXa
O incendio forestal que comezou o venres 19 no municipio de Barreiros, entre as parroquias de San Xulián de Cabarcos e Celeiro de Mariñaos, que se reactivou o luns 22, está por fin extinguido tras calcinar máis de 15 hectáreas.
25 Apr 2024
O incendio forestal que comezou o venres 19 no municipio de Barreiros, entre as parroquias de San Xulián de Cabarcos e Celeiro de Mariñaos, que se reactivou o luns 22, está por fin extinguido tras calcinar máis de 15 hectáreas. Segundo trasladan dende Medio Rrural, o lume foi declarado extinto pasadas as 20.10 horas.
Polo momento, descoñécense as causas do lume, que se reactivou durante a tarde do luns 22 nunha xornada con rachas de vento fortes na Mariña. Finalmente, o incendio deixa calcinadas 15,6 hectáreas de monte. Segundo informa Medio Rural, mobilizáronse para a súa extinción 30 brigadas, 20 motobombas, 12 axentes e un helicóptero. Non se deben lamentar danos nin persoais nin a vivendas.