Éxito total na Carreira Popular Solidaria de Reis e a Andaina de Barreiros
A Carreira Popular Solidaria de Reis e a Andaina do Concello de Barreiros celebrada onte no campo de fútbol O Cascabeiro foi todo un éxito de participación.
Deu comezo ás 11.00 horas coa carreiras dos menores nas que na categoría sub10 os tres clasificados foron Antón Fernández da Escola Atlética Lucense, María Fernández da Escola Atlética Lucense e Iria Baltar do Maderas Barcia Lourenzá. Na de sub12 foron Miguel Diz Expósito do Club Ría de Foz, Daniela Bayón do Club Cambados e Xabier Diz do Club Ría de Foz.
Na de sub14 os tres primeiros foron Antón Balsa do Club Remo Ribadeo, Lidia Balseiro da E.D. Lourenzá e Germán Rey do Atletismo Narón, e na sub16 Brais Farcía do Club Atletismo Ribadeo, Miguel Fernández e Julia Fernández da E.D. Lourenzá.
Ás 12.00 horas daba comezo a carreira absoluta na que houbo 87 corredores e os tres primeiros clasificados foron Óscar Buján do Club Ría de Foz, Delio Val, Alejandro Villalba da E.D. Lourenzá.
En total participaron 325 persoas e o 30% da inscrición da carreira será doada a prol do proxecto socioeducativo Sinfónico no rural que a Fundación Xesús Bal y Gay está a levar a cabo en Barreiros.