Éxito rotundo no XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica
Éxito rotundo no XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica celebrado o sábado 7 de maio no pavillón municipal de deportes de Xove.
O torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, contou coa presencia de 7 equipos de toda a provincia, o Club Xirandela, Club Quicela, Escola Ximnasia Porta Norte, Club Filigrana, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro e Escola Municipal de Xove.
En canto aos resultados deportivos acadados polos deportistas da propia escola, salientan o 1º posto obtido na categoría prebenxamín nivel B e tamén o 1ª posto obtido por Shaila Ares na categoría Individual Escolar. Outros resultados dos equipos xovenses foron o 4º posto acadado nas categorías alevín e infantil nivel B.