Éxito rotundo do Lugo Termal no primeiro día de inscricións
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, destacou na mañá deste martes o éxito rotundo do programa Lugo Termal no primeiro día do prazo para presentar solicitudes para desfrutar de descontos de entre o 10 e o 20% nos catro balnearios da provincia, en Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz. Decenas de veciños e veciñas da provincia acudiron dende primeira hora da mañá ao Rexistro do Pazo de San Marcos, no que se rexistraron esta mañá máis de 300 formularios, tanto de forma presencial como telemática.
Pablo Rivera animou ás persoas interesadas a darse présa na presentación dos documentos para poder acceder a unha das 1.300 prazas nas dúas modalidades que ofrece a iniciativa, con estancia e sen estancia. ““É un programa cunha grande acollida e que melloramos cada edición, esta vez cun 30% máis de prazas”.
As persoas interesadas teñen ata o vindeiro 30 de xuño ou ata que se esgoten as prazas para beneficiarse do programa de termalismo da institución provincial dirixido a lucenses de máis de 50 anos, que poden acudir cun acompañante que non teña necesariamente esta idade. As solicitudes están dispoñibles no BOP onde saen publicadas as bases e na páxina web da Deputación, e pódense presentar en calquera rexistro oficial ou na sede electrónica da institución. ”.