Éxito dos Troitas Bravas no V Aberto do Castiñeiro de Billarda

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Na categoría absoluta, Sachas acadou o primeiro posto, seguido de Santi, que se fixo co segundo lugar, mentres que Juanki pechou o podio na terceira posición
troitas-bravas-aberto-begonte-billarda
23 Mar 2026

O campo de fútbol de Pacios foi escenario dun novo éxito da Liga Nacional de Billarda coa celebración do V Aberto do Castiñeiro, nunha xornada soleada que permitiu gozar dun excelente ambiente deportivo e de convivencia.

Aínda que a participación non foi das máis numerosas, a competición destacou polo seu alto nivel e igualdade. Unha vez máis, o equipo dos Troitas Bravas impuxo a súa autoridade na clasificación por conxuntos, consolidando o seu dominio, mentres que Carabullo e Madia Leva completaron os primeiros postos.

Na categoría absoluta, Sachas acadou o primeiro posto, seguido de Santi, que se fixo co segundo lugar, mentres que Juanki pechou o podio na terceira posición. Na competición feminina, as xogadoras locais Nedi e Juncal, do equipo de Castiñeiro, lograron o primeiro e terceiro posto respectivamente, mentres que Milagros conseguiu situarse en segunda posición.

No apartado infantil, os Troitiñas Mateo e Martín volveron demostrar o seu gran nivel, ocupando as primeiras posicións, seguidos por Mateo, do equipo Madia Leva.

A seguinte cita da Liga Nacional de Billarda terá lugar en Riotorto o vindeiro domingo 12 de abril, nunha nova oportunidade para continuar promovendo este deporte tradicional.

0.12772607803345