Éxito do III Open de Pádel que rematou onte nas instalacións do Pádel Club de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Apr 2019

Éxito de participación e de público no III Open de Pádel Balpersa Volvo que se celebrou nas instalacións de Pádel Club Ribadeo do 18 ao 21 deste mes de abril. No evento participaron 160 xogadores/as cun grande nivel deportivo e un moi bo ambiente social.

Desde a organización agradecen “ao patrocinador, Balpersa Volvo, a confianza depositada no club e tamén a todos os participantes e ao numeroso público que ao longo destes días se achegou a Pádel Club Ribadeo para disfrutar deste Open de Pádel”.

Os gañadores/as por categorías foron os seguintes:

- 1ª femenina

Campioas: Adega Castro - Aida González

Subcampioas: Iria Otero - Maribel Muñoz

- 2ª femenina

Campioas: Jennifer Moure - Mónica Vallejo

Sucampioas: Mónica García - Aránzazu Arias

- 1ª masculina

Campións: Álvaro Álvarez -  David Fernández

Subcampións: Miguel Veiga - Venancio Granda

- 2ª masculina

Campións: Jaime González - Rodrigo Sanjiao

Subcampións: Clemente Martínez - Jesús Novo

- 3ª masculina

Campións: Diego García - Óscar Fraga

Subcampións: Bruno García - Daniel Prieto

- Mixto

Campións: Lucía Arrizabalaga - Venancio Granda

Subcampións: Tamara Vázquez - Yoel Astariz

0.16197299957275