Executado o 75% do plan Ilumin@ da Deputación

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O programa está dotado con 723.000€, dos que o 80% son fondos europeos que a institución provincial conseguiu a través do IDAE.
firma plan ilumina diputacion
19 Aug 2021

O programa está dotado con 723.000€, dos que o 80% son fondos europeos que a institución provincial conseguiu a través do IDAE, un organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. O proxecto, que consiste na substitución de luminarias públicas por outras de tecnoloxía LED, xa está rematado na zona centro e case ao 80% na zona norte. En cinco concellos da zona sur tamén finalizaron as melloras e en sete atópanse en proceso de execución.

A Deputación de Lugo rematou a execución de case o 75% do Plan Ilumin@, un programa dotado con 723.000€ co que a institución provincial axuda aos concellos da provincia a aforrar custes enerxéticos. Do total do investimento, o 80% son fondos europeos que a Deputación conseguiu a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía), un organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. Xa son 28, dos 38 concellos que decidiron adherirse a este programa, os que teñen as actuacións completadas, consistentes na substitución de luminarias públicas por outras máis eficientes.

Os contratos de subministro e instalación de material que inclúe o plan Ilumin@ está dividido en zona norte, centro e sur. O 100% da zona centro está rematada, mentres que na zona norte 11 dos 14 concellos xa se benefician do programa e un, Burela, está rematado, pendente de certificar. Pola súa banda, cinco concellos da zona sur xa teñen o plan Ilumin@ completo e os 7 restantes -As Nogais, Carballedo, Monforte de Lemos, O Incio, O Páramo, O Saviñao e Samos- están en execución.

Con este plan, os 38 concellos da provincia que decidiron adherirse cambiarán en total unhas 3.200 luminarias por outras de tecnoloxía LED, o que suporá un aforro conxunto de 62.000€ ao ano, isto é, ata un 63% da facturación eléctrica das instalacións municipais nas que se actuará, fundamentalmente alumeados públicos exteriores. Ademais, a tecnoloxía LED permitirá reducir o consumo nun total de 450.000 quilovatios ao ano, o que minimizará tamén a pegada de carbono.

O plan Ilumin@ forma parte do obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos municipios para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía aforrando custes, pero tamén preservando o medio ambiente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18335700035095