Excelente participación na novena tirada de bolos de Xove

AMariñaXa
O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a novena tirada  no centro social do Vilachá onde participaron 31 xogadores.
bolos celtas xove
16 Dec 2021

O club de Bolos Xove celebrou este sábado a novena tirada no centro social de Vilachá onde participaron 31 xogadores e que destacou pola excelente participación.

Nesta novena e última tirada da primeira volta a clasificación non pode estar máis reñida. A victoria de Miguel López, segunda consecutiva, e o segundo posto na tirada de Daniel Alonso permítenlles na práctica achegarse ao liderato, que sigue encabezando Francisco Pérez con 66 puntos seguido de Daniel Alonso con 65 e Miguel López con 63. Por primeira vez na tempada o líder non puido puntuar, neste caso debido a que chegou moi mermado físicamente. Espérase que o descanso de Nadal lle permita recuperarse para seguir competindo ao excelente nivel que mantivo ata o momento. Por detrás, na 4ª posición, Rafael González con 51 puntos, un pouco descolgado xa que nas últimas tiradas non estivo precisamente fino. 

Polo tanto, espérase unha segunda volta espectacular, moi reñida por ver se Miguel López pode revalidar o título ou ben se Francisco Pérez ou Daniel Alonso poden facerse co seu primeiro campionato. Non descartan tampouco nesta loita a Rafael González e outros xogadores como Jordi Meitín, Moisés Rodríguez, J. Manuel Cociña… que inda poden perfectamente ascender aos postos de cabeza.

Na Sénior Feminina Julia López conta xa coa súa 4ª victoria consecutiva, que abriu unha importante brecha e agora ten un colchón de 21 puntos que lle van permitir afrontar a segunda volta con moita tranquilidade. Para o segundo posto atópanse as clásicas Belén Meitín e Carmen Roca, con ventaxa de 9 puntos da primeira. Por detrás Dolores Baño e Concepción Piñeiro inda terían posibilidades de acceder aos postos de cabeza (2º ou 3º), pero terán que mellorar moito.

No tocante a Sub 16 segue a guerra entre Xenxo Salgueiro, que non afloxa, e Christian Cociña, que sigue apretando. Só dous puntos os separan da clasificación e a segunda volta presumimos que ambos xogadores van manter unha loita cerrada polo título.

Por cuestión organizativas e de calendario a organización vese obrigada a anular a tirada do Centro Social de Lago, razón pola cal a  próxima tirada vai celebrarse no Club Palmeiro en A Rigueira o vindeiro sábado 15 de xaneiro de 2022.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampeión: Daniel Alonso López

Terceiro: Jordi Meitín Serantes

Sénior maiores de 60

Campión: José López Riveira

Subcampeión: José González Rodríguez

Terceiro: Arturo Rodríguez Álvarez

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampeión: Christian Cociña González

Terceiro: Naia Cancelos Martínez

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampeiona: Belén Meitín Rouco

Terceira: Carmen Roca Corral

0.18308401107788