Estes días fixéronse traballos de mantemento e limpeza nas praias viveirenses de Area e Covas

AMariñaXa
O PP de Xove refórzase de cara as eleccións cunha executiva que compaxina veteranía e novas incorporacións e é representativa das parroquias
mantemento e limpeza Ara Covas Viveiro 2023 3
mantemento e limpeza Ara Covas Viveiro 2023 3
25 sep 2023

A tenente de alcaldesa e responsable de Obras do Concello de Viveiro, Miriam Bermúdez, informou da realización de diferentes tarefas de reparación, limpeza e mantemento nas praias do municipio unha vez rematada a tempada estival.

Na praia de Covas “realizáronse traballos de mantemento na pasarela, arranxando as táboas en mal estado”, explica Bermúdez, ademais de proceder á limpeza da rampa de acceso aos baños que están ao carón da parrillada.

Na praia de Area, houbo labores de mantemento e desbroce no paseo, ademais de procederse á limpeza da zona despois duns meses de moita afluencia de persoas.

“O obxectivo destas tarefas de mantemento é deixar os areais en boas condicións para a tempada de inverno”, engade a tenente de alcaldesa.

0.059220790863037