Este sábado Xoque Carbajal e Jouse García representarán en Burela 'De algo hai que morrer'

AMariñaXa
O sábado 18 de marzo Xoque Carbajal e Jouse García de Mala Sombra Producións representarán en Burela De algo hai que morrer.
burela teatro de algo hai que morir
burela teatro de algo hai que morir
17 Mar 2023

O sábado 18 de marzo Xoque Carbajal e Jouse García de Mala Sombra Producións representarán ás 20.30 horas na casa da cultura de Burela a conferencia fúnebre-cómico-teatral De algo hai que morrer.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao 100 % da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A morte. Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal. A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado? A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais? Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?

Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente? O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento. O asasinato. Son os xenocidas uns tolos malvados ou héroes ecolóxicos incomprendidos? A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras. O enterro ou como desfacerse do cadáver. A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos. O final. Saíremos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

As entradas estarán á venda por 4 euros na billeteira desde unha hora antes da función.

burela teatro de algo hai que morir
0.20520210266113